Condicións de venda
Quen vende
As pezas de merchandising véndeas Asociación Nos Seus Pés, con CIF G16416133 e enderezo en Rúa Concepción Arenal 20, 36980 O Grove (Pontevedra). Para calquera dúbida escribe a nosseuspes@gmail.com.
Somos unha asociación sen ánimo de lucro. O recadado vai integramente ao proxecto solidario, non hai beneficio para ninguén.
Como funciona a reserva
Ao encher o formulario faise unha reserva, non unha compra pechada. A reserva só queda confirmada cando chega o ingreso á conta do festival.
- Escolles as pezas e as tallas, e cobres os teus datos.
- Dámosche un código de pedido e a conta onde ingresar.
- Fas a transferencia poñendo ese código no concepto.
- Cando comprobamos o ingreso, avisámoste e preparamos o pedido.
Se pasadas dúas semanas non chegou ningún ingreso, entendemos que a reserva quedou sen efecto e liberamos as pezas. Non se cobra nada por iso.
Prezos, impostos e gastos de envío
Os prezos que aparecen na web son finais e inclúen os impostos. Non hai custos engadidos máis alá dos gastos de envío, que se ven no resumo antes de confirmar nada.
Se vives no concello onde se celebra o festival, a entrega é en man e non hai gastos de envío. No resto dos casos engádense os gastos indicados no formulario.
Prazos de entrega
As pezas encárganse en función das reservas recibidas, así que o prazo depende de cando se peche a tanda. Escribímosche para contarche como vai o teu pedido, e avisámoste cando estea listo para recoller ou cando se envíe.
Se por algo non puidésemos servir o teu pedido, devolvémosche o importe completo.
Dereito de desistimento
Tes 14 días naturais para botarte atrás sen dar ningunha explicación. O prazo conta dende o día en que recibes as pezas.
Para exercelo abonda con avisarnos antes de que remate o prazo, por correo a nosseuspes@gmail.com ou por calquera outra vía que deixe constancia. Podes usar o modelo de aquí abaixo, pero non é obrigatorio.
- Devolvémosche todo o que pagaches, incluídos os gastos de envío normais, como moi tarde 14 días despois de que nos avises.
- O reembolso faise pola mesma vía do pago, é dicir, por transferencia á conta dende a que ingresaches.
- Podemos agardar a recibir as pezas de volta antes de devolver o diñeiro.
- Os gastos de devolución córrenche a ti, agás que a peza chegase defectuosa ou equivocada.
- As pezas teñen que volver sen usar e no seu estado orixinal.
Modelo de desistimento
Podes copiar isto e mandárnolo:
A/A Asociación Nos Seus Pés, Rúa Concepción Arenal 20, 36980 O Grove (Pontevedra), nosseuspes@gmail.com.
Pola presente comunico que desisto do meu contrato de venda das seguintes pezas:
Número de pedido: ____________
Data do pedido: ____________
Data de recepción: ____________
Nome: ____________
Enderezo: ____________
Data: ____________
Se algo chega mal
Se a peza chega defectuosa, equivocada ou danada no transporte, avísanos canto antes e arránxase sen que che custe nada: cambiámoscha ou devolvémosche o importe, o que prefiras. Nese caso os gastos de devolución pagámolos nós.
Como en calquera compra, tes tamén a garantía legal de conformidade que recoñece a normativa de consumo.
Reclamacións
Se tes calquera queixa, escribe a nosseuspes@gmail.com e tratamos de resolvela canto antes.
A Comisión Europea ten unha plataforma de resolución de conflitos en liña en ec.europa.eu/consumers/odr.
Lexislación aplicable
Estas condicións réxense pola lexislación española, en particular polo texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios.