Os obradoiros teñen prazas limitadas e o aforo complétase por orde de chegada.
Obradoiro de estampación téxtil
con Iago Fontoira
- 16:30 – 18:00 e 18:30 – 20:00
- 10 prazas por turno
- A partir de 5 anos
Artista multidisciplinar. O seu traballo mestura fotografía, gravado, collage, instalación e poesía, sempre cunha mirada crítica sobre a arquitectura, o espazo urbano e o que queda oculto neles. Combina procesos tradicionais —o gravado, a fotografía analóxica, a escultura— con tecnoloxías actuais como o corte láser e a impresión 3D.
Cada nena ou neno ten que traer un obxecto téxtil para estampar: unha camiseta, unha bolsa…
Obradoiro de maxia
con Iván Padín
- 17:00 – 18:00
- 30 prazas
- Todas as idades
Mago, ilusionista e meco con máis de 20 anos de experiencia. Achega o mundo da maxia dun xeito divertido, participativo e adaptado ós peques: aquí non se mira, páctase: quen asiste deixa de ser espectador para converterse en protagonista.
Mural colectivo “Huellas que nos unen”
con Moraima Pérez
- 18:00 – 19:00
- 20 prazas
- De 4 a 10 anos
Profesora e creadora de LÚMINA, un proxecto educativo d’O Grove no que aprendizaxe, creatividade e xogo van da man. Parte da idea de que cada nena e cada neno ten a súa propia maneira de aprender, e de que educar tamén é acompañar, escoitar e dar ferramentas para gañar autonomía e confianza.
Obradoiro de plastilina conductiva
con VermisLAB
- 18:00 – 20:00
- 20 prazas
- A partir de 4 anos
Proxecto de innovación educativa que traballa a creatividade da rapazada na robótica, a programación, a ciencia e a impresión 3D. Aprendizaxe baseada en proxectos reais, coa intelixencia emocional, o traballo en equipo e a educación en valores atravesándoo todo.
Conta contos
con Dara Parada
- 18:45 – 19:15 e 19:30 – 20:00
- Sen aforo
- Todas as idades
Empezou a probar sorte no mundo editorial en 2024 e en 2025 Apuleyo Ediciones deulle visibilidade ao seu primeiro proxecto infantil, o libro “¿Cómo lo puedo hacer?”. Os seus libros falan de temas sociais, do respecto pola natureza e de como afrontar os retos por un mesmo.
De cada libro vendido, 3 € dos 15 € van para Nos Seus Pés.