Aviso legal
Quen somos
Esta web é titularidade de Asociación Nos Seus Pés, con CIF G16416133 e enderezo en Rúa Concepción Arenal 20, 36980 O Grove (Pontevedra). Podes escribirnos a nosseuspes@gmail.com.
Que é esta web
Esta é a web informativa do festival solidario Nos Seus Pés, un evento sen ánimo de lucro que recada fondos a favor da ONG Proemaid. A través dela pódese consultar a programación, ver fotos das edicións anteriores e reservar merchandising.
Condicións de uso
O acceso a esta web é libre e gratuíto. Ao usala comprométeste a facelo conforme á lei e a non realizar accións que poidan danala ou impedir o seu funcionamento normal.
Reservas de merchandising
- Ao cubrir o formulario de reserva non se realiza ningún pagamento na propia web. A reserva só queda confirmada cando se recibe a transferencia bancaria co concepto indicado.
- As reservas atendense por orde de chegada e están suxeitas á dispoñibilidade de tallas.
- Se non hai dispoñibilidade, contactamos contigo para ofrecerche unha alternativa ou devolverche o importe.
- Os gastos de envío indícanse antes de confirmar. En O Grove a entrega faise en man e non se cobran.
- Avisámoste do estado do teu pedido nun prazo de 14 días.
Propiedade intelectual
A marca, o logotipo, os textos e as fotografías desta web pertencen a Asociación Nos Seus Pés ou a quen os cedeu para o festival. As ilustracións do merchandising son obra de NEKRO. Non se poden reproducir sen autorización.
Responsabilidade
Traballamos para que a información estea actualizada, pero a programación dun festival pode cambiar. Non nos facemos responsables de decisións tomadas en base a información que quedase desactualizada.
Ligazóns a outras webs
Na hemeroteca e noutros apartados hai ligazóns a xornais, revistas e outras entidades. Son páxinas alleas: non as controlamos nin respondemos do seu contido, da súa dispoñibilidade nin do que fagan cos teus datos.
Mentres non premas nelas, esta web non lles manda nada: non se carga nada deses sitios nin se lles di que estiveches aquí. En canto abras unha, pasas a estar na súa páxina e aplícanse as súas condicións e a súa política de cookies, non as nosas.
Lexislación aplicable
Estas condicións réxense pola lexislación española.